Educación e Cultura

- NOITES DE CINE: "Maimiño e o espello máxico" en Leiro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

NOITES DE CINE: "Maimiño e o espello máxico" en Leiro

O vindeiro sábado 26 de agosto, ás 22.30 horas, terá lugar nas Pistas Polideportivas de Rañó (Leiro) a proxección da derradeira película do programa Noites de Cine 2017.

O filme será "Maimiño e o espello máxico"

Maimiño é a historia dun pequeno campesiño que quere sacar a súa familia da pobreza. Unha praga de insectos e o encontro co Espello Máxico, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello Máxico revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto a seus irmáns.
De camiño á cidade, Maimiño dáse conta de que un enorme carballo encantado ten ao Palacio do Rei na escuridade e sen auga. Maimiño sorpréndese ao comprobar que a princesa é a “media laranxa” que lle mostrou o Espello Máxico.
Arredor da cidade, unha enorme favela é o fogar dos pobres, e unha misteriosa ladroa rouba no palacio para repartilo botín entre os seus habitantes. Ela tamén roubará o corazón de Maimiño e porá en dúbida a predición do Espello Máxico.