Educación e Cultura

- O Vikingo Converso: traslado á sala "Arcos Moldes" do auditorio - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

O Vikingo Converso: traslado á sala "Arcos Moldes" do auditorio

O grupo de Teatro Úrsula de Catoira vai representar en Rianxo a  peza teatral: O Viquingo Converso, autoría do rianxeiro Xesús Santos, baixo a dirección de Fátima Rey.

As representacións teatrais, inicialmente previstas para desenvolver ao aire libre, na praza de Rafael Dieste,  trasládanse ao Auditorio - Sala Arcos Moldes, por mor da inestabilidade atmosférica prevista para estes días.

As representacións serán o venres 29 e sábado 30, ás 22:00 h. A entrada é de balde ata completar capacidade. Pódese facer a retirada de convites dende unha hora antes do comezo das representacións.

SINOPSE-. Aquela tardiña do sábado 28 de xullo de 1962, Rey Romero invita aos seus amigos rianxeiros de Asados (Axeitos, Santos e Sende), a que vaian pasar a noite no propio escenario do Castelo, onde os agarda un pescador habitual do río, e así vivirían xuntos unha aventura con sabor medieval. Aínda ben non entran nas ruínas da cidadela son recibidos por unha nube de mosquitos, morcegos e outras aves nocturnas, que revoan teimudamente sobre as súas cabezas, como presaxio do que os esperaba na escuridade desa paisaxe habitada por espíritos que, a medida que avanza a noite, van tomando forma corpórea.

Con esa carga emocional cabalgan a lombos da noite coma cruzados dunha causa nobre, e fanlle acenos ao pasado, contando coa complicidade do pai Ulla, que foi testemuña excepcional de grandes fazañas de onte e de hoxe. Un soño? Unha viaxe astral ao pasado? Nas Torres do Oeste de Catoira todo é posible...

Esta proposta ven ser un acto de recoñecemento a tres homes que, desde Rianxo, sentaron as bases da “Romaría Vikinga” na década dos 50: o boticario Xosé Carnero Valenzuela como ideólogo; o divulgador Raimundo García Domínguez “Borobó”, e Faustino Rey Romero, executor. Honor e Gloria para eles !