Educación e Cultura

- Obradoiro Creación Literaria e Artística a cargo de Amilcar Bettega - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Obradoiro Creación Literaria e Artística a cargo de Amilcar Bettega

O Concello de Rianxo e a Editorial Axóuxere, continuando a colaboración iniciada o pasado 2012 destinada á promoción da creación literaria e artística aproveitando o programa de residencias da mencionada editorial, anuncian a convocatoria dun novo obradoiro de creación e dunha sesión de lectura e conversa a cargo do escritor brasileiro Amilcar Bettega  que terán lugar, o primeiro, no Auditorio de Rianxo, de 19:00 a 21:30 horas os días 20 e 21 de febreiro (é precisa inscrición), e a segunda, o 22 de febreiro, de 20:00 a 22:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal Castelao (acceso libre). Inscrición en http://www.concelloderianxo.es/inscricions/amilcar-bettega.

NADO en São Gabriel, Rio Grande do Sul, en 1964,Amilcar Bettega Barbosa é escritor e mestre en Literatura Brasileira. O seu primeiro libro, unha compilación de contos titulada O voo do trapezista, apareceu na Editora Movimento, de Porto Alegre, en 1994, e valeulle a concesión do Prêmio Açorianos de Literatura, así como unha mención de honra no Premio Casa de las Américas de Cuba. En 2002 publicou no BrasilDeixe o quarto como está; Estudos para a composição do cansaço (Companhia das Letras, São Paulo), e na mesma editora Os lados do círculo, en 2004 (seleccionado para o prestixioso Prêmio Portugal Telecom de Literatura como mellor libro brasileiro de ficción) que posteriormente aparecería en Portugal (Ed. Caminho, 2009) e en España (Baile del Sol, 2011). Ten publicado textos en antoloxías, xornais e revistas literarias do Brasil, Francia, Suecia, Luxemburgo e os Estados Unidos, e a súa primeira novela, Bariyer, sairá á luz nos primeiros meses deste ano. Publicou ademais como tradutor o volume titulado125 contos de Guy de Maupassant. Fortemente vencellado á Escrita Creativa, ten defendido unha tese neste ámbito co-titorada entre a Université Sorbonne de París, e a Pontifícia Universidade de Porto Alegre; e foi convidado en 2010 a participar no International Writing Program da Universidade de Iowa, nos Estados Unidos, berce e centro de referencia mundial da Escrita Creativa. O traballo do autor na Residencia de Escritores/as de Axóuxere basearase na relectura, selección e refinamento de textos breves xa escritos, así como na escrita dalgúns novos. Uns e outros consolidarán un futuro libro cunha sorte de escrita que, aínda sendo breve, distánciase da idea tradicional do conto e o relato, posto que refuga dos elementos que habitualmente configuran estes, é dicir, o trazado dunha historia cun conflito e desenlace pechados, para na vez diso -neste novo proxecto que vén traballar á Residencia- desenvolver a partir de situacións simples, unha serie de “instantes ficcionais”, como provisoriamente os define o seu autor, imaxes que desenvolven non só unha prosa con valor de seu, senón tamén unha poesía contida nela.

NOTA: a Ficha de inscrición do obradoiro deberase enviar debidamente cumprimentada e por email antes do 19 de febreiro a cultura@concelloderianxo.es, co asunto: Obradoiro de Amilcar Bettega.

Cartel

Ficha de inscrición

Inscrición en liña