Educación e Cultura

- Obradoiro de escrita creativa organizado pola Asociación de escritores/as en lingua galega - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Obradoiro de escrita creativa organizado pola Asociación de escritores/as en lingua galega

Se gustas de converter en materia estética a realidade cotiá...
Se queres inventar coa palabra outros mundos máis interesantes….
Se aspiras a que na túa imaxinación as persoas volvan nacer, tal vez mellores e máis fermosas do que en realidade foron...
Se desexas que a literatura faga vida en ti e, por que non, nas lectoras e lectores… Agardamos por ti.
As historias no espello
Impartido por Antón Riveiro Coello, e cunha sesión maxistral a cargo de Víctor F. Freixanes.

 

Desenvolverase en 10 sesións de 2 horas cada unha, en horario de 11.00 a 13.00, a celebrar os sábados:

  • 8, 15, 22 e 29 de setembro
  • 6, 13, 20 e 27 de outubro
  • 10 e 17 de novembro

Terá lugar nas aulas do Auditorio de Rianxo.

Serán 20 prazas, gratuítas, para maiores de 15 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude no teléfono 981 100 688

O obradoiro enmárcase na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.