Educación e Cultura

Aprende unha técnica sinxela, antiga e ecolóxica, ideal para pezas de gran formato, ao tempo que colaboras coas túas creacións na cabalgata de Reis deste ano. - Obradoiro de escultura en cartón pedra - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Obradoiro de escultura en cartón pedra

Aprende unha técnica sinxela, antiga e ecolóxica, ideal para pezas de gran formato, ao tempo que colaboras coas túas creacións na cabalgata de Reis deste ano.

A Concellaría de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais organiza dous Obradoiros de Cartón Pedra impartidos por Pedras, Artesanía e Patrimonio. Aprende unha técnica sinxela, antiga e ecolóxica, ideal para pezas de gran formato, ao tempo que colaboras coas túas creacións na cabalgata de Reis deste ano.

OBRADOIRO PARA FAMILIAS: Destinado a crianzas a partir de 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. 5 sesións (sábados e/ou domingos) de 11.00 a 13.00 hora

OBRADOIRO PARA PERSOAS ADULTAS: Destinado a persoas maiores de 12 anos, 5 sesións (sábados e/ou domingos)​​​​​​​ de 17.00 a 20.30 horas.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

- Presencialmente no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

- No teléfono 981 100 688

-No correo-e cultura@concelloderianxo.gal