Educación e Cultura

- Obradoiro e conversa con Elisa Iglesias Gil - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Obradoiro e conversa con Elisa Iglesias Gil

O Concello de Rianxo e a Editorial Axóuxere, continuando a colaboración iniciada o pasado 2012 destinada á promoción da creación literaria e artística aproveitando o programa de residencias da mencionada editorial, anuncian a convocatoria dun novo obradoiro de creación e dunha sesión de lectura e conversa a cargo da escritora Elisa Iglesias Gil.

DA REALIDADE AO PAPEL (SOBRE A CREACIÓN DE PERSONAXES)

Obradoiro de escrita creativa, que terá lugar o venres 5 de abril de 19.00 a 21.30 horas e o sábado 6 de abril de 11.00 a 13.30 horas no Auditorio de Rianxo.

As persoas interesadas en asistir a este obradoiro deberán cubrir a ficha de inscrición e enviala por correo electrónico a cultura@concelloderianxo.es co asunto: Obradoiro de Elisa Iglesias Gil, ou ben cubrir o formulario de inscrición en liña, antes do 4 de abril

LECTURA E CONVERSA ARREDOR DOS SEUS TEXTOS NARRATIVOS

Desenvolverase o venres 12 de abril dende as 20.00 ata as 22.00 horas na Biblioteca Pública Castelao de Rianxo

Cartaz

Ficha de inscrición

Inscrición en liña