Educación e Cultura

- Obradoiro poético e recital-performance de Elías Portela - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Obradoiro poético e recital-performance de Elías Portela

 

Está aberto o prazo de inscrición no Obradoiro Poético DIVORCIANDO A POESÍA, que desenvolverá o poeta Elías Portela. Organizado pola Editorial Axóuxere en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, desenvolverase os vindeiros venres 19, de 20:00 a 21:30, e sábado 20, de 12:00 a 13:30, na sala de lectura da Biblioteca Pública Municipal “Castelao”.

Todos os interesados poderán inscribírense enviando a FICHA DE INSCRICIÓN ao enderezo de correo-e  cultura@concelloderianxo.es, co asunto “OBRADOIRO ELÍAS PORTELA”, ou ben INSCRIBÍRENSE EN LIÑA no enderezo http://www.concelloderianxo.es/inscricions/obradoirodivorciando

O Obradoiro rematará cun recital-performance tamén na BPM “Castelao”, o vindeiro xoves 25 de outubro a partir das 20:30 horas.

Elías Portela é poeta e tradutor de Cangas, aínda que leva moitos anos vivindo en Islandia, onde, curiosamente, é considerado un dos mellores poetas do momento en lingua islandesa  -na que tamén escribe, ademais de en galego-. A súa presenza en Rianxo inscríbese no programa de Residencias Creativas que a Editorial Axóuxere puxo en marcha este ano e que tivo como primeira creadora á poeta mallorquina Irene Le Sen.

Pódese obter máis información sobre o autor nas seguintes ligazóns:

http://www.youtube.com/watch?v=rF15glp4Ilg

Inscricións:

Descarga do formulario de inscrición

Inscrición en liña