Educación e Cultura

- Os Primordiais concerto do programa Rede de Músicas Soltas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Os Primordiais concerto do programa Rede de Músicas Soltas

Rianxo volta coa Rede de Músicas Soltas o outono cun novo concerto. Está organizado pola Acentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo

Primordiais, dúo formado por Marcelo González na voz e Luís Martíns coa harpa, adaptan do repertorio tradicional da zona de Soutomaior as súas inquedanzas e ideais sobre a músicas popular reinterpretada. Ofrecen un concerto íntimo e próximo con bonitas melodías e mestura de letras de sempre e incorporacións da súa colleita.

O concerto será no Auditorio de Rianxo o próximo venres 18 de outubro, ás 20.30 horas.

As entradas teñen un custe de 5 € e poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto.