Educación e Cultura

- PISTACATRO en Rianxo, co seu novo espectáculo: OUTONO - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

PISTACATRO en Rianxo, co seu novo espectáculo: OUTONO

A compañía de Novo Circo Galego, PistaCatro Produtora, vén a Rianxo co seu novo espectáculo OUTONO.

Outono é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións.
Outono é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.


A representación terá lugar o vindeiro sábado 10 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Concello de Rianxo.
É apta para todos os públicos, pero recoméndase para maiores de 4 anos.
Entrada de balde ata completar aforamento. A retirada de convites poderase facer unha hora antes na billeteira do auditorio (máximo dous por persoa).
Proposta enmarcada dentro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.