Educación e Cultura

Desenvolverase nos meses de abril a xuño organizada polo Concello de Rianxo - PRAZAS CUBERTAS, Aula de canto, aulas socioculturais e de ocio educativo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

PRAZAS CUBERTAS, Aula de canto, aulas socioculturais e de ocio educativo

Desenvolverase nos meses de abril a xuño organizada polo Concello de Rianxo

20 PRAZAS CUBERTAS

A partir de agora, as persoas que se inscriban pasarán a formar parte dunha LISTAXE DE RESERVA, por se houbera algunha persoa con praza que se dea de baixa.

______________________________________________________________________

Aula de canto

  • Finalidade: aparte de fomentar o convivio musical entre os participantes, creando un espazo
    de participación cultural e traballo en equipo, tentaremos aprender aspectos básicos sobre a
    voz e a música, que incidan nun mellor autocoñecemento e goce do propio instrumento, así
    como desenvolver a escoita activa e a interpretación musical en grupo.
  • Persoas destinatarias: maiores de 50 anos. Máximo 20 participantes.
  • Docente: Esperanza Mara Filgueira Rama.
  • Días: martes 2,16, 23 e 30 de abril; 7, 14, 21 e 28 de maio; 4, 11, 18 e 25 de xuño. 
  • Horario e lugar: de 16:00 a 18:00 no Centro Sociocultural-Auditorio (aula do 1º andar)
  • Prazo de matrícula: ata ao 28/03/2024 ás 14:00.
  • Inscrición: cubrindo o formulario que pinchas neste enlace. ​​​​​​​

As admisións serán por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia as persoas maiores de 50 anos.

Os días e horarios poden variar unha vez iniciada a actividade tras acordo de docente e alumnado e existindo dispoñibilidade de instalacións.

Actividade gratuíta.

Máis información: concelloderianxo.gal, cultura@concelloderianxo.gal ou no telf  981 100 688