Educación e Cultura

- Presentación da novela A MIÑA VIDA NOUTRO LUGAR de Rosa Suárez - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Presentación da novela A MIÑA VIDA NOUTRO LUGAR de Rosa Suárez

Logo da acollida que xa que xa tivo este pasado verán no marco da Feira do Libro de Rianxo, o Auditorio de Rianxo, acolle o vindeiro venres día 25 a presentación da novela A MIÑA VIDA NOUTRO LUGAR da autora rianxeira ROSA SUÁREZ REDONDO. Esta nova cita coa autora será ás 20:30 h e desta volta estará acompañada na presentación pola escritora Mª Carmen Carames Gorgal, o escritor e investigador Xosé Ramón Brea Rey e o Concelleiro de Cultura, Julio Alcalde.

Mercedes volveu dos EUA embarazada dunha filla, Indira, á que nunca lle desvelou a identidade do seu pai. Tres décadas transcorren entre esa viaxe de ida e volta de Ribadomar a Denver, para cursar estudos universitarios, e a de Indira, quen segue as pegadas da súa nai e regresa de América con información inesperada e reveladora.

Con prosa sinxela e ritmo fácil, cun chisco de humor e misterio, sen pudor nin sentimentalismos, narra a vida íntima dunha muller que valora o alleo sempre por riba do propio.

More Blog Entries