Educación e Cultura

- Presentación do libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas de Anxos Castro Parada - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Presentación do libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas de Anxos Castro Parada

O vindeiro venres 10 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo (primeiro andar) terá lugar a presentación do libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas de Anxos Castro Parada e editado por "Diverdidad Literaria".

No acto, acompañarán á escritora Nati Abuín (do grupo de pandeiretas Lumieira), Xulio Gutiérrez (escritor) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).

Namoreime da poesía a unha idade temperá, sendo os meus referentes Rosalía de Castro e Gustavo Adolfo Bécquer, descubrindo máis adiante a Miguel Hernández e a Mario Benedetti entre outros.

Escribir é a forma máis máxica de comunicación, permíteme expresar co que máis me gusta, coa pluma, plasmando sobre o papel todas as miñas emocións.

Poesía é liberdade, por eso son como son e non como outros quixeran. Ela é a miña confidenta, o meu desafogo, a miña válvula de escape.