Educación e Cultura

O vindeiro venres 11 de xuño presentarase o libro Trobar do Ar de Xosé Manuel Lobato. - Presentación do libro Trobar do Ar de Xosé Manuel Lobato - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Presentación do libro Trobar do Ar de Xosé Manuel Lobato

O vindeiro venres 11 de xuño presentarase o libro Trobar do Ar de Xosé Manuel Lobato.

O vindeiro venres 11 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase o libro Trobar do Ar de Xosé Manuel Lobato. Xunto co autor, participarán no acto X.  Ricardo Losada (profesor e escritor) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa enmarcado no Xuño Cultural 2021.
Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente) ou no teléfono 981 100 688, ata o xoves 10 de xuño, ás 12.00 h. É necesario indicar de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son convivintes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Trobar do Ar de Xosé Manuel Lobato

​​​​​​​​​​​​​​A cadencia rítmica sostida en elementos fónicos e no emprego dunha linguaxe que a través deles se crea a si mesma, configura unha proposta de xorne irracionalista na que os contidos e as mensaxes, non sempre nidias, se harmonizan con imaxes procedentes do ensoño para construir unha totalidade simbólica, parella á convencional, na procura dunha realidade profunda atemporal e certeira, oculta detrás das apariencias.