Educación e Cultura

- PROGRAMA AULAS SOCIOCULTURAIS E DE OCIO EDUCATIVO (Outubro-xaneiro 2024) - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

PROGRAMA AULAS SOCIOCULTURAIS E DE OCIO EDUCATIVO (Outubro-xaneiro 2024)

 

1. FINALIDADE

O programa de Aulas Socioculturais e Ocio Educativo articúlase como unha proposta de animación sociocultural, difusión da cultura popular e educación de adultos, coa finalidade de promover e potenciar o desenvolvemento individual e colectivo da veciñanza adulta rianxeira a través da acción cultural socioeducativa. Xunto coas aprendizaxes e técnicas específicas de cada modalidade, o programa pretende contribuír á mellora da calidade de vida dos participantes, incrementar o seu acervo cultural persoal e comunitario, ofrecerlles espazos de ocio creativo e mellorar as súas competencias e habilidades persoais e socias.

2. CONDICIÓNS XERAIS

  • Prazo de inscrición: Do 23 de setembro ás 14:00 horas do 2 de outubro.
  • Lugar de inscrición: Cuestionario de inscrición: PINCHAR AQUÍ
  • Admisións: Cumprindo os requisitos de cada aula, por rigorosa orde de inscrición.
  • Custo da matrícula: 50 €/aula. A participación farase efectiva unha vez entregada a documentación do abono nas oficinas da Área de Educación e Cultura.
  • Abono de matrícula: do 7 ao 10 de outubro en entidade bancaria. Os admitidos deberán recoller o recibo correspondente para o ingreso nas oficinas da Área de Educación e Cultura (Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, oficinas técnicas, 1º andar).
  • Matrícula en firme: unha vez presentada a documentación bancaria xustificativa do abono do prezo público.
  • Prioridade: Persoas que nunca tiveran participado nas Aulas Socioculturais.
  • Número mínimo de participantes: Cada aula desenvolverase sempre e cando se xunte un mínimo de 8 matriculados.
  • Preferencia: Terán preferencia aquelas persoas que nunca tiveran participado no Programa de Aulas Socioculturais en anteriores edicións.
  • Simultaneidade e prioridade: habendo prazas dispoñibles, a mesma persoa só poderá participar nun máximo de dúas Aulas simultaneamente. No formulario de inscrición establecerá a prioridade das mesmas.​​​​​​​
  • Inicio de actividades: Segunda quincena de outubro.

Variación de calendarios: Cada unha das aulas, existindo dispoñibilidade de espazos e horarios, e previo consenso de todo o alumnado e docente, poderán realizar as modificacións que, neste particular, estimen oportunas. Estas modificacións, en calquera caso, non suporán incremento de custos nin para o Concello nin para o alumnado.

Máis información: concelloderianxo.gal, cultura@concelloderianxo.gal ou no telf 981 100 688 ou nas oficinas técnicas da Área de Educación e Cultura (Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, 1º andar).

3. AULAS OFERTADAS

ARTESANÍAS CREATIVAS:

Finalidade: Fomentar a creatividade que, ademais de permitirnos facer da nada, con materiais sinxelos, algo que sae do noso maxín, nos axuda a resolver os problemas aos que nos enfrontamos día a día.

Destinatarios: Maiores de 14 anos.

Docente: Electra Menéndez.

Calendario: Os xoves 17, 24 e 31 de outubro; 7, 14, 21 e 28 de novembro; 5, 12 e 19 de decembro e 9, 16, 23 e 30 de xaneiro. Non lectivos: 26 de decembro e 2 de xaneiro.

Horario e lugar: De 16:00 a 18:00 no Pazo de Rianxiño (1º andar).

Participantes: Máximo 10 participantes.

CANTO:

Finalidade: Fomentar o convivio musical e contribuír ao benestar e a un envellecemento activo. Aprender diversos aspectos básicos técnicos da voz, que permitirán un mellor autocoñecemento e disfrute do propio instrumento. Traballar aspectos como a música en conxunto para desenvolver o traballo en equipo.

Destinatarios: Maiores de 50 anos.

Docente: Esperanza Mara Filgueira Rama.

Calendario: Os martes 15, 22 e 29 de outubro; 5, 12, 19 e 26 de novembro; 3, 10 e 17 de decembro; e 7, 14, 21 e 28 de xaneiro. Non lectivos: 24 e 31 de decembro.

Horario e lugar: De 16:00 a 18:00 no Centro Sociocultural-Auditorio(1º andar).

Participantes: Máximo 20 participantes.

 

ESCRITA CREATIVA (INTRODUCIÓN): PÁXINA E PERSPECTIVA

Finalidade: Antonio Piñeiro guiará un laboratorio de escrita no que explorarmos as claves e os secretos da dicción eficaz, da creatividade de estilo, da arte e da expresión que, combinando a iniciación co ensaio continuo, nos meta na emocionante aventura da creación da nosa obra literaria. Este curso desenvólvese en colaboración coa Asociación Galega de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Destinatarios: Maiores de 15 anos.

Docente: Antonio Piñeiro. Sesión maxistral: de Luz Pichel

Calendario: Os sábados 19 e 26 de outubro; 9, 16, 23 e 30 de novembro; 14 e 21 de decembro; e 11 e 18 de xaneiro. Non lectivos: 2 de novembro, 7 e 28 de decembro e 4 de xaneiro.

Horario e lugar: De 11:00 a 13:00 no Centro Sociocultural-Auditorio (1º andar).

Participantes: Máximo 15 participantes.

 

GRAVADO (INTRODUCIÓN AO LINOGRAVADO E AUGAFORTE)

Finalidade: Este curso, que se desenvolve en colaboración co Museo do Gravado á Estampa Dixital do Concello de Ribeira, pretende fomentar a arte gráfica introducindo as técnicas básicas do gravado (preparación de matrices, transferencia de imaxes, limpeza e entintado e impresión) en linogravado e augaforte.

Destinatarios: Maiores de 16 anos.

Docente: José Fernández Míguez.

Calendario: Os sábados 19 e 26 de outubro; 9, 16, 23 e 30 de novembro; 14 e 21 de decembro. Non lectivos: 2 de novembro e 7 de decembro.

Horario e lugar: De 10:00 a 13:00 no Pazo de Rianxiño (1º andar).

Participantes: Máximo 15 participantes.