Educación e Cultura

PROGRAMA "COÑECE GALICIA": minicampamentos de luns a venres en aloxamentos turísticos da Xunta de Galicia - PROGRAMA COÑECE GALICIA, minicampamentos para nenos/as de 10 a 14 anos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

PROGRAMA COÑECE GALICIA, minicampamentos para nenos/as de 10 a 14 anos

PROGRAMA "COÑECE GALICIA": minicampamentos de luns a venres en aloxamentos turísticos da Xunta de Galicia

PROGRAMA COÑECE GALICIA, minicampamentos para nenos/as de 10 a 14 anos

Trátase dunha iniciativa lúdico-formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.


A cuarta edición de “Coñece Galicia”, que forma parte da Campaña de Verán deste 2023, está dirixida a nenos e nenas empadroados/as en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos no momento de asistencia á quenda de actividade elixida e que queiran gozar dun programa lúdico formativo nos espazos naturais da nosa comunidade autónoma.


A oferta ascende a 600 prazas, que se distribúen en 30 quendas de entre 18 e 23 prazas e en 12 programas en diferentes concellos de Galicia, incorporando este ano dous novos programas nos concellos de Cenlle e A Lama.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN:

O prazo de inscrición comezará o día 12 de xuño ás 12.00 horas e finalizará 5 días antes do inicio de cada actividade, salvo no caso de que se esgoten as prazas.

 

COMO REALIZAR A INSCRICIÓN:

O formulario de solicitude estará dispoñible o día de apertura do prazo de presentación.

Unha vez presentado o formulario, xerarase un correo de confirmación das quendas solicitadas, que en ningún caso significa a confirmación da participación, senón a recepción do formulario.


Admítese unha única solicitude por persoa participante, na que se poderá escoller ata un máximo de 3 quendas diferentes de programas, indicando a orde de prioridade marcando o código asignado a quenda correspondente de participación.


As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.