Educación e Cultura

- Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, marzo a xuño 2023 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, marzo a xuño 2023

Xa está aberto o prazo de inscrición no Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, no período de marzo a xuño do 2023.

As aulas que se ofertan neste período son as seguintes:

AULA DE TEATRO: A INTERPRETACIÓN

Docente: Amantia Coello Rodríguez

Número de participantes: 15 máximo, maiores de 18 anos.

Total sesións: 14

Día e horas: mércores de 18:00 a 20:00

Lugar: Liceo (baixo)

Calendario: 22 e 29 de marzo; 5, 12, 19 e 26 de abril; 3, 10, 24 e 31 de maio; 7, 14, 21 e 28 de xuño

AULA DE ARTESANÍA: ARTESANÍAS CREATIVAS

Docente: Electra Menéndez Muñoz

Número de participantes: 10 máximo, maiores de 14 anos.

Total sesións: 14

Día e horas: mércores de 16:00 a 18:00

Lugar: Pazo de Rianxiño (aula de plástica, 1º andar)

Calendario: 22 e 29 de marzo; 5, 12, 19 e 26 de abril; 3, 10, 24 e 31 de maio; 7, 14, 21 e 28 de xuño

AULA DE CANTO

Docente: Esperanza Mara Filgueira Rama

Número de participantes: 20 máximo, persoas adultas.

Total sesións: 14

Día e horas: Luns de 16:30 a 18:30

Lugar: Centro Social Liceo (baixo)

Calendario: 3, 10, 17 e 24 de abril; 8, 15, 22 e 29 de maio; 5, 12, 19 e 26 de xuño e o venres 19 de maio e 9 de xuño

AULA DE POESÍA: INTRODUCIÓN Á LECTURA E ESCRITA POÉTICA

Docente: Noelia Gómez Calvo

Número de participantes: 20 máximo, maiores de 15 anos.

Total sesións: 14

Día e horas: Sábados de 10:00 a 12:00

Lugar: Auditorio de Rianxo (aula grande, 1º andar)

Calendario: 25 de marzo; 1, 8, 15, 22 e 29 de abril; 6, 13, 20 e 27 de maio; 3, 10 e 17 de xuño; 1 de xullo.

INFORMACIÓN XERAL PARA TODAS AS AULAS:
  • Prazo de matrícula: ata ao 16/03/2023 ás 14:00, no formulario creado ao efecto na web do concello. https://concelloderianxo.gal/web/forms/shared/-/form/3219599​​​​​​​

  • As admisións serán por rigorosa orde de inscrición.

  • Os días e horarios poden variar unha vez iniciada a actividade tras acordo de docentes e alumnado e existindo dispoñibilidade de instalacións.

  • Todas as actividades son gratuítas

  • Máis información: concelloderianxo.gal, cultura@concelloderianxo.gal ou no telf 981 100 688