Educación e Cultura

- Proxección a favor do Pobo Saharaui - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Proxección a favor do Pobo Saharaui

O vindeiro sábado 27 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo proxectarase a película "Hijos de las nubes, la última colonia" do director Álvaro Longoria con Javier Bardem e narrada por Elena Anaya.

No documental examínase a axitación política actual do norte de África e a responsabilidade das potencias occidentais (especialmente Estados Unidos e Francia) polo medio do exercicio da Realpolitik (política exterior baseada en intereses prácticos e económicos no lugar dos principios éticos ou teóricos) nas súas estratexias políticas internacionais. Estas políticas xeraron unha grande inestabilidade que finalmente ocasionou unha gran violencia e caos. A película céntrase na situación do Sahara Occidental, a última colonia africana segundo Nacións Unidas, e una rexión ao borde da guerra.       

A película xa leva varios recoñecementos como poden ser o Primeiro Premio á mellor película no Festival Internacional do Sahara 2012 ou o mellor película-documental nos Goya 2013.

Está organizada por SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui coa colaboración do Concello de Rianxo.

As entradas solidarias custan 3 € e poderanse retirar unha hora antes do comezo da proxección.