Educación e Cultura

- Proxección de cine: "Los muertos van deprisa" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Proxección de cine: "Los muertos van deprisa"

O próximo venres 26 de outubro, as 20.30 horas, proxectarase no Auditorio de Rianxo a película "Los muertos van deprisa" do director gañador de 3 premios Goya, Angel de la Cruz e protagonizada por Neus Asensi, Chete Lera, Manuel Manquiña, María Castro, Belén Constenla, Sergio Bermúdez, Xosé Manuel Olveira, Rosa Álvarez, Gonzalo Uriarte, Antonio Durán e Ernesto Chao.

"Los muertos van deprisa" é a longametraxe máis premiada do cine galego, con 9 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Trátase dunha comedia e está destina a todos os públicos.

A proxección está enmarcada dentro dun programa da Deputación da Coruña.

 

Sinopse

Irene é unha camioneira que chega a pequena vila mariñeira de Fariño do Mar coa intención de adquirir marisco. O seu camión queda atrancado no interior do pobo, entre un monumento surrealista e a porta do cemiterio, xusto o día en que os fariñenses van dar o seu último adeus a Cándido, vello mariñeiro e artista local do pobo, ademais de pai do Filomeno, patrón maior da cofradía de mariscadores do Fariño. O acontecemento impide celebrar as honras fúnebres mentres as vellas rencillas entre uns e outros se acentuarán enredando a tranquila vida do pobo.