Educación e Cultura

O vindeiro día 4, o Auditorio de Rianxo acolle a proxección do filme Aquí Tou!, un formato audiovisual que traslada á pantalla un espectáculo de humor de Xosé A. Touriñán a través dos códigos propios do cinema. - Proxección do filme Aquí Tou! - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Proxección do filme Aquí Tou!

O vindeiro día 4, o Auditorio de Rianxo acolle a proxección do filme Aquí Tou!, un formato audiovisual que traslada á pantalla un espectáculo de humor de Xosé A. Touriñán a través dos códigos propios do cinema.

En colaboración coa Deputación da Coruña, o vindeiro día 4 de marzo, ás 20:30 horas, o Auditorio de Rianxo acolle a proxección do filme Aquí Tou!, un formato audiovisual que traslada á pantalla un espectáculo de humor de Xosé A. Touriñán a través dos códigos propios do cinema. Realizado con varias cámaras e cunha coidada dirección de arte e fotografía.

Aquí Tou! leva a experiencia da comedia en directo ás pantallas de cinema. En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán, ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo diferente no que o tratamento visual xoga un papel primordial, o que se ve e tan importante como o que se escoita.

A reserva de localidades pode facerse en concelloderianxo.gal/reservas

A reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio (a reserva non é inmediata)

Aquí tou!

É importante saber de onde vimos para coñecernos a nós mesmos. Como cheguei a ser o que son agora mesmo? Como cheguei a estar onde estou? Probablemente todos nos fixemos estas preguntas algunha vez na vida.

As respostas non son sinxelas, pero se tiramos do fío, non tardamos en decatarnos de que somos froito dun montón de variables xenéticas e ambientais que nos fan tomar decisións, pero que tamén estamos condicionados pola casualidade, o azar ou como queiramos chamalo, que inflúe na nosa existencia tanto ou máis que a nosa propia vontade.

En Aquí Tou, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.

Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán nos leva da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de boas e malas decisións que xunto cos feitos casuais, levárono a ser que hoxe é

Que Xosé Touriñán é un dos mellores cómicos de Galicia e un dos rostros máis coñecidos do panorama actual, tras máis dunha década fronte ás cámaras, decenas de personaxes interpretados e varias incursións na pequena pantalla, sabémolo. Pero o realmente importante para el agora é saber de onde vén e así coñecerse mellor a si mesmo. As respostas non son sinxelas pero, se tiramos do fío, non tardamos en decatarnos de que somos froito de moitas variables xenéticas e ambientais que nos fan tomar decisións. Mais tamén estamos condicionados pola casualidade e o azar, que inflúe na nosa existencia tanto ou máis que a nosa propia vontade.

E nesas anda co seu novo espectáculo Aquí Tou, un percorrido polos momentos clave da súa vida nun intento por saber como chegou a ser o que é e como logrou estar onde está. Preguntas, como as que nos facemos o resto dos mortais algunha vez na vida, cuxas respostas non son nada sinxelas.

Un monólogo cómico e existencial no que irá mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega nunha viaxe polos momentos, decisións e feitos casuais que o levaron a ser quen hoxe é. Tiramos do fío?