Educación e Cultura

Un película de Ana Amado e Lois Patiño, un proxecto artístico-audiovisual que aborda o rol esencial destas construcións na vida das mulleres como lugares de traballo doméstico e tamén de socialización. - Proxección, O Lavadoiro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Proxección, O Lavadoiro

Un película de Ana Amado e Lois Patiño, un proxecto artístico-audiovisual que aborda o rol esencial destas construcións na vida das mulleres como lugares de traballo doméstico e tamén de socialización.

Proxección, O Lavadoiro

  • DÍA:  venres 01 de decembro
  • HORARIO: 20.30
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo

Esta proposta forma parte da programación 4X3 Outono da Deputación da Coruña.

O proxecto “O Lavadoiro” propón unha reflexión activa e multidisciplinar, desde a arquitectura construída e efémera, sobre o papel dos lavadoiros na vida das mulleres, como lugares de traballo doméstico e tamén de relación, tomando como punto de partida o entorno do Lavadoiro de Artes (Corrubedo, A Coruña), construído nos anos 40 e recentemente recuperada polo arquitecto Carlos Seoane, como posta en valor dun espazo público singular ata agora en desuso.
A arquitecta e fotógrafa Ana Amado, xunto cun equipo multidisciplinar formado polo cineasta galego Lois Patiño e a asistencia no deseño escenográfico dos arquitectos Carlos Seoane e David Chipperfield, deseñaron unha intervención efémera, fotografada e gravada nunha peza audiovisual.