Educación e Cultura

- PROXECCIÓNS das curtametraxes de Fran X. Rodriguez - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

PROXECCIÓNS das curtametraxes de Fran X. Rodriguez

O venres 16 de novembro, ás 22.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio van proxectarse a curtametraxes realizadas polo rianxeiro Fran X. Rodríguez.

As curtometraxes que se proxectarán serán as seguintes:

  • O cerco
  • "Ladrones del tiempo"
  • E a estrea na nova curtametraxe Beatiful Boy

Na proposta contarase coa presenza de Fran X. Rodríguez que realizará unha breve presentación das curtas.

Fran X. Rodríguez (Rianxo, 1980) é director e realizador nos eidos da Ficción, o Cine Documental e Experimental, así coma no sector da Publicidade.

Como director de curtametraxes obtivo nos últimos anos recoñecemento a nivel nacional e internacional. O seu último traballo, “Ladrones de Tiempo”, recibiu 12 premios nacionais e internacionais, percorrendo 50 dos festivais máis prestixiosos do mundo e proxectándose en 15 países: EEUU, Arxentina, México, Brasil, Nicaragua, Colombia, Bolivia, Italia, Reino Unido, Escocia, Rusia, Serbia, Rumanía, Portugal e en todo o territorio nacional.

En 2016, “Ladrones de Tiempo” converteuse na primeira peza na historia do Festival de Curtas de Cans en levarse tres galardóns: Premio á Mellor Curta, Premio do Público e Premio ao Mellor Guión. Nomeado aos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, “Ladrones de Tiempo” alzouse ademáis co 1o Premio da III edición do Gin&Gin Film Festival de Mombasa, o festival co maior premio económico do estado. “Formulación orixinal e ambiciosa”, “factura técnica intachable e unha mensaxe potente”, “orixinalidade e anclaxe complexa de todos os elementos do guión” ou “funciona coma un reloxo” foron algunhas das críticas que recibiu a curta en medios de comunicación.

No 2017 Fran X. Rodríguez volveu a ser noticia ao recibir o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip por “Restos dun Naufraxio”, da banda Igloo, e repetir con outro Can de Pedra na decimocuarta edición do Festival de Curtas de Cans.
No sector da Publicidade, o realizador traballou con axencias como BAP Conde, Shackleton ou Bululú Creativos, realizando filmes comerciais para empresas como Gadis, Abanca, Larsa, Caramelo, Etiem, Europrosem, Coren ou Hub; así como anuncios para a Xunta de Galicia ou o Consello da Cultura Galega.

Así mesmo, é coñecido o seu traballo como grafista e as súas orixinais pezas de animación para televisión e internet.

A entrada é balde ata completar capacidade. Poderán recollerse dende unha hora antes do comezo da proxección, máximo dúas por persoa.