Educación e Cultura

- Rianxo honra a Rosalía de Castro o xoves 23 de febreiro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Rianxo honra a Rosalía de Castro o xoves 23 de febreiro

O xoves 23 de febreiro desenvolveranse en Rianxo actos en honra de Rosalía de Castro.

Ás 19.30 horas, diante do monumento de Rosalía no Paseo da Ribeira terá lugar unha  lectura pública, intervención de autoridades e ofrenda floral. Intervención musical a cargo de Sabela Galbán, Oli Xiraldez, Gustavo Couto e Alberto Pires interpretando a "Alborada de Rosalía"

Ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, presentación da Revista de Estudos Rosalianos, coa participación de Anxo Angueira (presidente da Fundación Rosalía de Castro), Pilar García Negro (profesora e coordinadora do primeiro número), Xosé  Luís Axeitos Agrelo (Académico da RAG e membro da Fundación Rosalía de Castro) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo)