Educación e Cultura

Proposta incluída na programación de Cultura no Camiño da Xunta de Galicia - Rock and Magic, espectáculo de maxia e rock and roll do Mago Teto - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Rock and Magic, espectáculo de maxia e rock and roll do Mago Teto

Proposta incluída na programación de Cultura no Camiño da Xunta de Galicia

Rock and Magic, espectáculo de maxia e rock and roll do Mago Teto.

  • LUGAR: Campo de Arriba (Rianxo)
  • DÍA: venres 09 de agosto
  • HORA: 21.00 h

Proposta incluída na programación de Cultura no Camiño da Xunta de Galicia​​​​​​​.

Máis información do espectáculo.

Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.

Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e pequenas e grandes ilusións máxicas comparten protagonismo coa música rock. Led Zeppelin, Bob Dylan,Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda en directo que son o complemento perfecto á maxia do xenial Mago Teto.

Unha gran posta en escena, unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia son os elementos que fan de Rock and Magic un espectáculo único, posiblemente a experiencia teatral máis parecida a un concerto de rock.