Educación e Cultura

Proposta enmarcada nas actividades para conmemorar o aniversario durante todo o ano 2023 - Romaría de verán, 1933- 90 ANIVERSARIO - 2023 TEATRO AIRIÑOS - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Romaría de verán, 1933- 90 ANIVERSARIO - 2023 TEATRO AIRIÑOS

Proposta enmarcada nas actividades para conmemorar o aniversario durante todo o ano 2023

ROMARÍA DO 90 ANIVERSARIO

Para celebrar o 90 aniversario de Teatro Airiños realizarase unha gran festa

  • Sábado 12 de agosto.
  • A partir das 11.00 horas
  • Carballeira do Cura (ao lado da igrexa) Asados.

Programa:

  • ROTEIRO TEATRALIZADO - 11:00

Coñece a historia de Airiños paseando pola contorna da parroquia. Agradecemos previa inscrición.

  • XANTAR POPULAR - 14:30

Haberá (a fartar) pulpo, churrasco, bebidas, postre e chupitos. Prezo: 32€ por persoa. (Previa inscrición na ligazón: https://docs.google.com/.../1FAIpQLSdLhdFOsp4.../viewform... , no teléfono 620805265 ou na Peluquería Pelos de Asados)

  • ACTUACIÓNS AO LONGO DO DÍA

Esther Carrodeguas, Esperanza Mara, Quico Cadaval, Silvaredonda, Aldaolado e máis sorpresas.

_____________________________________________________________________________________________________________________

A historia do Teatro Airiños remóntase a 1933, cando un grupo de veciños e veciñas de Asados (Rianxo) decidiu crear unha agrupación teatral. A iniciativa contou coa axuda do Partido Galeguista e, dende entón, non deixou de funcionar.

En 2023, o Teatro Airiños cumprirá 90 anos e a agrupación pode presumir de ser o grupo de teatro amador máis antigo de Galicia. Para conmemorar esta efeméride, están a preparar unha serie de actividades ao longo do ano.

Entre as actividades previstas figuran homenaxes a persoas que formaron parte da historia do grupo, unha exposición fotográfica, a publicación dun libro conmemorativo e a representación dunha obra especial para celebrar o aniversario.

Parabéns aos membros do Teatro Airiños polo seu longo e exitoso percorrido na promoción do teatro do pobo en Galicia.