Educación e Cultura

- Rompente, proxección no Auditorio de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Rompente, proxección no Auditorio de Rianxo

A estrea en Galicia do filme de Eloy Domínguez Serén, Rompente, proxectarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 6 de maio ás 21.00 horas e a continuación terá lugar un encontro co director, produtor e protagonistas do mesmo.

O rianxeiro Sergio Baleirón é o protagonista xunto con Soraya Luaces e Vicente Mohedano, ao longo do desenvolvemento da película tamén podemos ver algunha pegada máis rianxeira.

O filme ven de ven de gañar a Biznaga de Prata á Mellor Curtametraxe no Festival de Málaga, festival onde se realizou a súa estrea oficial. Ademais foi seleccionada para o Festival de Cans, onde iniciará o percorrido por outros festivais de cine.

Duración: 26 minutos

A entrada é gratuíta previa reserva en www.concelloderianxo.gal/reservas

No caso de ​​quedar localidades dispoñibles despois do proceso de reserva, poden solicitarse na billeteira do auditorio dende media hora antes do comezo

Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.