Educación e Cultura

- Seminario e conferencia con Guillermo Rodríguez Alonso na Residencia de pensadoras - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Seminario e conferencia con Guillermo Rodríguez Alonso na Residencia de pensadoras

Guillermo Rodríguez Alonso, abre o programa da residencia de pensadoras/es da primavera 2018, desenvolvido polo Concello de Rianxo e Axóuxere Editora, ofrecéndonos un seminario e unha conferencia.

SEMINARIO                                                                                                                                                     TEORÍA E PRAXE DO POSTHUMANO: ONTOLOXÍA, ÉTICA E POLÍTICA TRALA CRISE DO HUMANISMO

No seminario farase un percorrido crítico pola historia do humanismo, desde o Renacemento aos nosos días, pesquisarase, coas persoas participantes no seminario, nas posíbeis formas de vida para alén da idea do ser humano como centro do cosmos.

Desenvolverase do venres 20 ao domingo 22 de abril, na Biblioteca Pública de Rianxo e na casa de Axouxere Editora en Brión (Leiro)

A asistenca ao seminario é de balde, con inscrición previa ata completar a capacidade (15-20 persoas).

Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo info@axouxerestream.com co asunto "Inscrición ao seminario de Guillermo Rodríguez"; ou ben chamar aos teléfonos 981 860 371 / 659 843 761 / 634 532 896. A data límite de inscrición é o xoves 19 de abril.

conferencia                                                                                                                                                      mutantes, híbridos e corais: como deixar de ser humano?

Na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo, o venres 20 de abril ás 20.00 horas.

Acceso libre.

Máis información: