Educación e Cultura

Organizado pola Asociación Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña - Serán de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Serán de Rianxo

Organizado pola Asociación Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña

O campo de Arriba de Rianxo volverá a  vivir unha  xornada chea de tradición e música coa celebración dunha nova  edición do SERÁN organizado pola Asociación Vai de Roda. O evento terá lugar o vindeiro sábado 26 de  outubro.  Está previsto comezar ás 20.00 horas co seranciño para o goce das crianzas máis pequechas.

Coa  celebración dos seráns, unha tradición moi arraigada na cultura galega,  preténdese recuperar e poñer en valor o noso rico e variado patrimonio musical  e os bailes tradicionais, así como e promover a convivencia e o goce da veciñanza e visitantes. O Serán conta coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

    • Máis información no Facebook da asociación