Educación e Cultura

- Estrea da nova produción teatral, CARTÓONS, de Excéntricas e Teatro do Adro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Estrea da nova produción teatral, CARTÓONS, de Excéntricas e Teatro do Adro

O vindeiro sábado 13 de abril, ás 19.00 horas, a nova produción teatral, CARTOÓNS, de Excéntricas e Teatro do Adro estréase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

O espectáculo CARTOÓNS é unha creación en parceria de Víctor Mosqueira e Josito Porto, mais botaron man de algúns colaboradores, como Quico Cadaval, Kukas e Ana Triñanes. Forma parte da celebración do 15º Aniversario de Excéntricas (2004-2019), supón o primeiro espectáculo da compañía para público infantil.

Recomendada para un público familiar con nenos e nenas de máis de 4 anos.

Entrada de balde ata completar capacidade, máximo 2 entradas por persoa. No caso de que se esgoten as entradas, priorizarase a entrada ás persoas destinatarias da función.