Educación e Cultura

- SLAM.AROUSA: poesía recitada dende a ría - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

SLAM.AROUSA: poesía recitada dende a ría

O slam é un tipo de torneo entre poetas que xa se fai por todo o mundo adiante e que agora se fará tamén na nosa terra. slam.arousa será o primeiro torneo slam que se celebre en galicia, e o gañador absoluto das 6 xornadas poderá competir na final estatal española.

O PRIMEIRO "TORNEO" TERÁ LUGAR O DÍA 5 DE OUTUBRO NO CURRAL DO MARQUÉS, (TARAGOÑA, RIANXO). DE AÍ SUCEDERANSE CADA MES POR VILAS DA RÍA DE AROUSA, VILAGARCÍA, RIBEIRA, BOIRO, ETC.

qué é slam-arousa?

slam-arousa é un slam (un torneo entre poetas) que se celebrará en diferentes localidades da ría de arousa de outubro a marzo. o público será o xurado de cada torneo. slam-arousa consta de 5 torneos-base nos que "loitarán" 6 poetas e unha final á que acoden os 5 gañadores dos torneos anteriores, máis aquel poeta non gañador que levara máxima puntuación segundo o público tribunal.

o gañador de slam.arousa terá a posibilidade de viaxar fóra de galicia para competir co resto de slamers-locais espallados por toda a xeografía española.

cales son as normas de recitado?

-podes recitar calquera texto sempre que sexa teu e non dure máis de 3 minutos

-non podes usar músicadisfraces, ou accesorios

gustaríache participar no slam.arousa? envía un email a: slam.arousa@gmail.com cos teus datos, e alístate no slam que máis che conveña! podes tamén aparecer sen máis, xa que slam.arousa celebrase como cada slam a micro aberto.

non che quedou algo claro? queres máis información? escríbe igualmente a slam.arousa@gmail.com