Educación e Cultura

A través do programa de mobilidade queren facilitar á veciñanza dos concellos da contorna a asistencia as representacións. Un autobús de balde para o desprazamento e as persoas que asistan beneficiaranse ademais dun desconto do 40% no prezo da entrada. - SOBES AO AUTOBÚS DO TEATRO? - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

SOBES AO AUTOBÚS DO TEATRO?

A través do programa de mobilidade queren facilitar á veciñanza dos concellos da contorna a asistencia as representacións. Un autobús de balde para o desprazamento e as persoas que asistan beneficiaranse ademais dun desconto do 40% no prezo da entrada.

O 29 de abril o Concello de Rianxo volve a formar parte do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, nesta ocasión desprazarémonos en autobús ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para asistir a función Ás oito da tarde cando morren as nais de Avelina Pérez coa dirección e dramaturxia de Marta Pazos.

O autobús sairá de Setefogas ás 18.00 horas e a volta será sobre as 22.00 horas aproximadamente.

A entrada ten un custe de 6 €, que se abonará o mesmo día na billeteira do Salón Teatro.

A reserva pode facerse, ata o domingo 24 de abril, en www.concelloderianxo.gal/reservas ou chamando ao teléfono 981 100 688

As persoas de 16 a 18 anos poden vir sós cunha autorización asinada pola pai/nai ou titor/a legal.

Ás oito da tarde, cando morren as nais é un canto coral sustentado no baleiro, un xogo irónico sobre a relación  entre o teatro e a súa recepción.
Aquí, a procura da identidade individual, amparada na masa superficial e ignorante, que presume de  coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos...