Educación e Cultura

O Centro Dramático Galego continua co seu programa de mobilidade para facilitar a asistencia ao Salón Teatro de Santiago de Compostela mediante o desprazamento nun autobús - Sobes ao autobús do teatro? - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Sobes ao autobús do teatro?

O Centro Dramático Galego continua co seu programa de mobilidade para facilitar a asistencia ao Salón Teatro de Santiago de Compostela mediante o desprazamento nun autobús

O sábado 4 de febreiro, o Centro Dramático Galego pon a disposición daquelas persoas interesadas un autobús para facilitar o desprazamento ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para asistir a produción A Contenda do Río Miño.

A función é as 20.00 horas e o autobús recollerá as persoas interesadas ás 18.30 horas na dársena de Setefogas.

Ten un prezo especial de 3 €, que inclúe a entrada e o desprazamento.

As persoas que estean interesadas en asistir deben preferiblemente enviar un correo electrónico a cultura@concelloderianxo.gal ​​ indicando nome completo, teléfono e correo-electrónico ou ao teléfono 981 100 688. A proposta está indicada para un público maior de 16 anos, que de querer asistir deben presentar unha autorización ou ir acompañados dunha persoa adulta.

A CONTENDA DO RÍO MIÑO

A partir do texto "Entremés famoso sobre a pesca do río Miño" ou "A contenda dos labradores de Caldelas" de Gabriel Feixóo de Arúxo.

UNHA PRODUCIÓN DA COMPANHIA DE TEATRO DE BRAGA E O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO PARA O FESTIVAL DE ALMAGRO

Autoría: Gabriel Feixóo de Arauxo / Dramaturxia: Javier Alonso de Castilla

Dirección: Fran Núñez

Elenco: Rogério Boane, Sílvia Brito, Carlos Feio, Eduarda Filipa, António Jorge, Grasiela Müller, Fran Núñez, Aisa Pérez, Valentina Picciau e Solange Sá.

Equipo espazo escénico: Salvador Forján, Antonio Mayo, Óscar Ortega, Xaquín Rei, Fernando Rodríguez, René Rodríguez, Suso Rodríguez e Elixio Vieites

Iluminación: Juanjo Amado e Tierri Pinto / Asistente de iluminación: Biqui Cabado

Son e audiovisuais: Antonio G. Budiño y Guillermo Vázquez

Vestiario: Cristina Cordido e María Negreira

Axudante de dirección: Silvia Brito / Apoio verso: Aisa Pérez

Coreografía: Belén Vázquez e Pilar Peña

Composición musical: Xosé Lois Romero e Grasiela Muller coa participación especial de Paulo Bragança

Deseño de produción: Rui Madeira

Produción: Paula Fonseca (CTB) e Francisco Veiga (CDG) / Asistente de produción: Xandre Vázquez