Educación e Cultura

Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, o venres 03 de maio desprazarase un autobús a Santiago á función Os Actos e as Profecías - Sobes ao autobús do teatro?, Os actos e as profecías - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Sobes ao autobús do teatro?, Os actos e as profecías

Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, o venres 03 de maio desprazarase un autobús a Santiago á función Os Actos e as Profecías

Teatro: Os actos e as profecías, produción do Centro Dramático Galego; do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, Sobes ao autobús do teatro?

  • LUGAR: Salón Teatro Santiago de Compostela
  • DÍA: venres 03 de maio
  • HORA: 18.00 h
  • ENTRADA: 3 €
  • PÚBLICO RECOMENDADO: maiores de 16 anos. Os/as menores deben ir acompañados dunha persoa adulta responsable ou cunha autorización do pai/nai ou titor/a legal
  • HORA DE SAÍDA DO AUTOBÚS: 16.00 h
  • LUGAR DE SAÍDA DO AUTOBÚS: Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
  • HORA DA SAÍDA TRAS A FUNCIÓN: 20.30 h
  • MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (prazas limitadas): cultura@concelloderianxo.gal (preferible) e 981 100 688

Esta produción está enmarcada na programación do 40º aniversario do Centro Dramático Galego, estrearase o xoves 11 de abril, baixo a dirección artística de Tamara Canosa, quen asina tamén o texto xunto a Xacio Baño. Elenco: Sergio Abelaira, Marta Alonso Tejada, Mónica Camaño, Miguel Canalejo, Isolda Comesaña, Manuel Cortés, Antón Coucheiro “Cou”, Iván Davila, Raquel Espada, Xosé Manuel Esperante, Alba Fernández Cotelo, Sara Ferro, Atenea García, Miguel Gendre, Raquel Nogueira Watson, Alba Recondo, Ana Santos Maneiro, Lois Soaxe, Jorge Varandela e Antía Vidal.

Forman parte tamén do equipo de Os actos e as profecías Montse Piñeiro e Marta Ferrer Ucelay á fronte do deseño do vestiario e a caracterización; Rut Balbís, do movemento; José Faro, da iluminación canda Iván Núñez e do espazo escénico; Xosé Lois Romero, do espazo sonoro, e Laura Míguez no acompañamento a Tamara Canosa nos labores de dirección.