Educación e Cultura

- Sobes ao bus do teatro?: Terceiro Acto - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Sobes ao bus do teatro?: Terceiro Acto

Sobes ao autobús do teatro? Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego

O Concello de Rianxo participa novamente no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, coa proposta para asistir á obra "Terceiro Acto", con dirección e dramaturxia a cargo de Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez.

  • Lugar: Salón Teatro de Santiago de Compostela.
  • Data: Sábado, 19 de outubro
  • Prezo: 5 euros
  • Hora de saída do autobús: 16.00 h, dende o Auditorio de Rianxo
  • Hora de regreso do autobús: 20.30 h, tras a función

Para máis información e inscricións, podes contactar no teléfono 981 100 688 ou enviar un correo a cultura@concelloderianxo.gal. Ata completar prazas e por riguroso orde de chegada.

 

Máis información Terceiro Acto

De Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, a partir de improvisacións co elenco

Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, directoras

Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida.
Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.