Educación e Cultura

- Talabarte presenta o seu novo traballo FAKE nun concerto no Auditorio de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Talabarte presenta o seu novo traballo FAKE nun concerto no Auditorio de Rianxo

Talabarte presenta o seu novo proxecto Fake no Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 1 de abril ás 21.00 horas.

Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escena musical galega, o violín de Quim Farinha, o acordeón
diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin Garcí. Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto adobiado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea. Estes músicos ofrécennos contemporaneidade e tradición xuntas nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nin deixar indiferentes os sentidos.

As entradas poden adquirirse do seguinte xeito:

  • 5 € en venda anticipada na Cafetería Castelao e na Cafetería Toffe.
  • 7 € na billeteira do auditorio o propio día do concerto (apertura da unha hora antes do comezo do concerto)

Reservas en info@culturactiva.org e no teléfono 981 582 836