Educación e Cultura

- TEATRO: A FIESTRA VALDEIRA a cargo de Aquelando Teatro, de Muros - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: A FIESTRA VALDEIRA a cargo de Aquelando Teatro, de Muros

Aquelando Teatro de Muros achégase a Rianxo coa peza teatral A fiestra valdeira de Rafael Dieste, adaptada por Lucho Penabade.

 

D.MIGUEL é un indiano que veu rico do Brasil e encarga un retrato a ANTONIA, unha pintora moi avezada.

O cadro e o seu significado desatan un conflito de pareceres no que acaban por intervir as xentes do mar, os amigos e toda a familia.

A FIESTRA VALDEIRA de R. Dieste achéganos ao mundo mariñeiro visto con autenticidade e coñecemento cabal da realidade, no que transitan personaxes populares e fondamente entrañables.

 

No elenco están: Lola Barreiros Lestón, Pepa Caamaño García, Bernardino Fernández Lloréns, Concha Martínez Mayo, Maruja Mayo Priegue, Sabela Pérez González, Lola Rey Castiñeiras, Paz Rey Castiñeiras, Mariña Rey Martínez e Gabriel Sestayo Lago.

A función terá lugar o vindeiro sábado 3 de febreiro, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Está recomendada para todos os públicos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada de convites, máximo 2 por persoa, unha hora antes da función.