Educación e Cultura

- TEATRO: A forma das cousas baixo a dirección e dramaturxia de Carlos Álvarez Osorio - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: A forma das cousas baixo a dirección e dramaturxia de Carlos Álvarez Osorio

O vindeiro sábado 19 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral da nova produción de "La Yogurtera" A forma das cousas baixo a dirección e dramaturxia de Carlos Álvarez Osorio.

Evelyn, unha iconoclasta e excéntrica estudante de arte entregada en corpo e alma á preparación do seu proxecto de tese de doutoramento, aparece na vida monótona de Adán, un mozo inseguro e sen sorte no amor. El, que xamais se preocupara pola súa imaxe, está disposto a cambiar calquera trazo da súa personalidade con tal de gustarlle a ela.

Pouco a pouco irase transformando, converténdose nun tipo máis desexable e atractivo. Non obstante, o cambio físico e emocional de Adán chamará a atención dos seus amigos más próximos (Jenny e Fili), e pronto terá inesperadas consecuencias para todos, pois os amigos de Adán non están moi de acordo coas intencións de Evelyn de mudalo.

dossier da obra