Educación e Cultura

O vindeiro domingo 11 de xullo, a Xanela do Maxín presenta o seu espectáculo A gárgola do Mestre Mateo, en colaboración coa asociación rianxeira Fogo Fatuo. - Teatro: A gárgola do Mestre Mateo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro: A gárgola do Mestre Mateo

O vindeiro domingo 11 de xullo, a Xanela do Maxín presenta o seu espectáculo A gárgola do Mestre Mateo, en colaboración coa asociación rianxeira Fogo Fatuo.

O vindeiro domingo, 11 de xullo, ás 12.30 h, nos exteriores do CEIP Castelao, a Xanela do Maxín presenta o seu espectáculo A gárgola do Mestre Mateo, en colaboración coa asociación rianxeira Fogo Fatuo.

Programación incluída no Verán Cultural Rianxo 2021, coa colaboración da Asociación Fogo Fatuo e a Deputación da Coruña.

Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ata o venres 9 de xullo ás 12:00 h. ​​​​​​

RESERVA PRAZAS PARA EVENTOS DO VERÁN CULTURAL 2021

- As reservas deberán solicitarse na web www.concelloderianxo.gal no espazo destinado a tal efecto e dentro do prazo que se determine para cada actividade.

- Non se permitirán grupos superiores a seis persoas.

- O solicitante disporá de localidade só cando reciba confirmación do Concello (a mera solicitude non é suficiente).

- A confirmación inclúe a indicación nominal de cada localidade (número e persoa), tanto para o espazo principal como para, de darse o caso, o espazo alternativo.

- O lugar de referencia para consultar a información do Verán Cultural (programación, modificacións, suspensións, traslados, medidas etc.) será a web www.concelloderianxo.gal.

- A solicitude de reserva implica a aceptación das condicións das medidas COVID-19 e do proceso de reserva.