Educación e Cultura

- Teatro, A lingua das bolboretas de Sarabela Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, A lingua das bolboretas de Sarabela Teatro

Teatro: A lingua das bolboretas a cargo de Sarabela Teatro.

  • Día: venres 15 de outubro.
  • Hora: 21.00 h.
  • Lugar: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
  • Persoas destinatarias: todos os públicos
  • Duración: 70 minutos.
  • Reservas: Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do mércores 13 de outubro. A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Pardal; vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.
O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.Volver a Rivas é, para Sarabela, voltar a un dos seus autores “fetiche”. É, dalgún xeito, voltar a casa.
Desde a chegada ao novo milenio, será esta a cuarta colaboración da Compañía co autor:
O lapis do carpinteiro (2000), O heroe (2005) e Os libros arden mal (2007) – esta última foi unha lectura dramatizada-, foron as anteriores. Se con O Heroe se celebraron os 25 anos da Compañía, con A lingua das bolboretas celébrase o 40 aniversario de Sarabela.
Conxugamos as historias de dous dos escritos de Manuel Rivas (A lingua das bolboretas e A Traxectoria do Balón) con ese equipo e co propósito de que a mensaxe chegue nidia ao tempo que se xoga coas imaxes e coa poética que nos leva a un espectáculo punteiro dentro da nosa historia escénica. O resultado emocionou ao autor o día da estrea.“Eu quería moito a aquel mestre, confesa Moncho. Ao principio, os meus pais non podían crelo.
Quero dicir que non podían entender como eu quería ao meu mestre. Cando era un picariño, a escola era
unha ameaza terrible. Unha palabra que cimbraba no aire como unha vara de vimbio:
Xa verás cando vaias á escola!”.