Educación e Cultura

- TEATRO: ABAIXO O AEROPORTO EN RIANXO, a cargo da compañía portuguesa Teatro de Balugas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: ABAIXO O AEROPORTO EN RIANXO, a cargo da compañía portuguesa Teatro de Balugas

Abaixo o aeroporto en Rianxo é o título da comedia teatral que o vindeiro sábado 10 de marzo o grupo portugués, Teatro de Balugas, representará na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

A proposta está organizada polo Grupo de Teatro Airiños de Asados coa colaboración do Concello de Rianxo.

Nos confíns de Rianxo está radicada a máis pequena comunidade portuguesa de todo Galiza, da cal o Goberno Portugués posiblemente nunca escoitou falar. Ti Abílio hai moito que escoita mal, di que foi da fame que pasou de máis novo. Zé Bidão é bailador de bailes de salón no seu tempo libre e vive de facer pequenos amaños de vez en cando. O romanés Yuran, traballador ilegal en España, fala mal a lingua de Cervantes, pero entende ben a preguiza de Zé Bidão. El veuse para Galiza á procura de fortuna e vese metido na maior allada da súa vida cando Ti Abílio inocentemente entende que o aeroporto ía ser construído en Rianxo. A noticia corre rápido pola vila.

A partir de aquí, Zé Bidão pasa de dedicarse a facer chambonadas a enxeñeiro do aeroporto. Así como comeza a difundirse a noticia, tiran abaixo a idea do aeroporto de Rianxo: un político de Lisboa aproveitase da situación transfronteiriza, argumentando que alí non pode ser construído, xa que Rianxo atópase no medio dunha ruta migratoria de aves, en especial de rulas turcas. A policía é chamada para que interveña xa que hai un motín liderado por María das Dores, nai solteira que aproveita a presenza dunha canle televisiva sensacionalista de Madrid.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo da función.