Educación e Cultura

- Teatro Arraianos a cargo de Sarabela Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro Arraianos a cargo de Sarabela Teatro

O venres 31 de marzo, ás 20.30 horas, a compañía Sarabela teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción Arraianos.

Unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Un microcosmos rural de marxe e de fronteira, construído cunha lingua, así mesmo, límite e nos lindes da realidade e da fantasía. ARRAIANOS é unha suma de relatos que nos fan estremecer. Historias de meigas, caciquismo, contrabando e agrarismo. É difícil non sentirse arrastrado pola tremenda capacidade fabuladora de Ferrín. A Raia Seca ourensá é unha metáfora de mundos reais adobados pola ficción creada por este narrador e poeta que é de Ourense e que é de Vigo, que é arraiano arraiano.

Está destinada a un público adulto, maiores de 12 anos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa).

MEDIAS AZUIS:
Dous mozos (Fer González e Fran Lareu) van mocear con dúas irmás xémeas (Sabela Gago e Fina Calleja) de aparencia saudable e belida. Dúas testemuñas (Elena Seijo e Fernando Dacosta) transfiren as súas emocións e perspectivas dos acontecementos. A promesa de namoro torna nunha situación arrepiante. Os mozos, ante a imposibilidade do gozo, dan en aldraxalas: ou as usan para o seu pracer ou para facer moca delas. A relación xira sobre o gozo e o pracer sexual ou da burla, nunca da igualdade. A atmosfera é recreada por outra testemuña, o músico (Vadim Yukhevich) que interpreta a maldición circular na que a noite de brétema vai engulir aos mozos.

LOBOSANDAUS:
Lobosandaus conta a historia dun mestre (Fran Lareu) destinado, na segunda década do século pasado, na escola unitaria dunha aldea arraiana. O mozo mestre envía cartas ao seu tío -Penitenciario da Catedral de Ourense- durante o primeiro trimestre do curso. A través das letras desenvólvese unha trama de posesión onde se conxugan o telúrico e o erótico, o mundo e o inframundo, e onde o brillo do fantástico aniña nunha calidade atmosférica e se nutre da forza desatada polo desexo. Nos confíns arraianos de Lobosandaus, a racionalidade perde o seu asento e o mestre cae baixo o dobre feitizo dos aires remotos e da fermosa Dorinda (Fina Calleja), mentres o espírito do capador – anarquista e agrarista- Nicasio Remuñán, (Fernando Dacosta) que perdeu a cabeza por ela en vida, peregrina do corpo aberto de Obdulia (Elena Seijo), en corpo aberto de Turelo (Fer González) para posuílos. Os dous son fillos de Aparecida (Sabela Gago), dona da pensión onde mora o mozo mestre, acompañados por un músico testemuña dos acontecementos (Vadim Yukhevich).