Educación e Cultura

No marco da programación da Primavera Cultural organizada polo Concello de Rianxo - Teatro, As damas de Ferrol de Teatro do Noroeste - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, As damas de Ferrol de Teatro do Noroeste

No marco da programación da Primavera Cultural organizada polo Concello de Rianxo

Teatro, As damas de Ferrol de Teatro do Noroeste

  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • DÍA: venres 05 de abril
  • HORA: 21.00 h
  • PÚBLICO RECOMENDADO: maiores de 16 anos.
  • DURACIÓN: 90 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

‘As damas de Ferrol’ é un texto en clave feminista dirixido por Clara Gayo, protagonizado por Mónica Camaño e Casilda Alfaro, con música orixinal de Chefa Alonso, escenografía e vestiario de Carlos Alonso e dramaturxia de Eduardo Alonso. Trátase dunha comedia de humor negro a ritmo de jazz onde dúas irmás maiores repasan a súa vida entre disputas e absurdos, cunha morte como trasfondo e coa cidade de Ferrol como protagonista.
A lonxeva compañía regresa a Ferrol cunha proposta que revisita un dos textos máis senlleiros do seu repertorio abrindo agora unha renovada liña de traballo.

SINOPSE:

“As damas de Ferrol é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía se debaten por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan.

As súas protagonistas son Maruxa e Lurdes, dúas irmás xa maiores.

A liña argumental avanza e retrocede, léase e desléase como un nobelo imaxinario e imposible de descifrar.

As dúas personaxes que desenvolven a acción no escenario contan, entre discusión e discusión, retrincos das súas vidas, pero o que contan pode pertencer á realidade, acontecer, ou pode ser froito das súas enfermizas mentes. Como espectadores, nós nunca chegaremos a saber se é verdade ou fantasía. Para elas todo é realidade, as súas propias invencións fantásticas son máis reais que a propia realidade circundante.

No caso de que o que contan sexa verdade, acontecese, resulta patético e arrepiante.

No caso de que o que contan sexa un invento froito do desvarío e da enfermidade, entón o que resulta patético e arrepiante son as propias personaxes, as súas mentes capaces de imaxinar tal acontecer."