Educación e Cultura

Promovido pola Deputación da Coruña como parte das actividades previstas pola Área de Cultura en conmemoración do Día Mundial do Teatro 2023 - Teatro, Crisálida de Caramuxo Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Crisálida de Caramuxo Teatro

Promovido pola Deputación da Coruña como parte das actividades previstas pola Área de Cultura en conmemoración do Día Mundial do Teatro 2023

O espectáculo Crisálida, pertencente á compañía Caramuxo Teatro, presenta a súa última obra no Auditorio de Rianxo. O espectáculo terá lugar o sábado 15 de abril ás 19.00 horas na Sala Arcos Moldes, e é promovido pola Deputación da Coruña como parte das actividades previstas pola Área de Cultura en conmemoración do Día Mundial do Teatro 2023.

A obra está especialmente recomendada para o público familiar con crianzas a partir de 7 anos. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala, e os convites poderán ser retirados unha hora antes do comezo da función.

Non perda a oportunidade de desfrutar dunha noite de teatro en familia e vivir a maxia do Teatro Crisálida.

“Crisálida” é o espectáculo número 25 da compañía, co que cumprimos 20 anos de traxectoria. Unha historia que leva varios anos na nosa cabeza e coa que queremos facer a nosa pequena homenaxe a esas persoas que crean
comunidade, que fan que as nosas cidades teñan vida e sexan ricas en historias.
Os irmáns Seoane (Nieves e Fernando) correteaban alá polo 1942 pola mercería A Crisálida, recentemente traspasada a súa nai. A mercería xa era, por aquel entón, unha das máis destacadas do comercio coruñés. Nela destacaban os seus escaparates, abarrotados de medias, mantillas ou mantóns.
Pasados os años, os Seoane tomaron o relevo da mercería e convertéronse rapidamente nun dos máis queridos entre a clientela da céntrica rúa de San Andrés. Os irmáns parecían saídos dunha película de Jean Pierre Jeunet. Cando pedías un botón, unha cremalleira ou un par de calcetíns, desaparecían na trastenda; ao rato, aparecían cunha torre de caixas amarradas por unhas longas gomas elásticas, e cun ritmo de outro tempo, dispoñíanse a ofrecer a sua ampla variedade de material. Ir á Crisálida significaba entrar noutra realidade, era «unha mercería con atmosfera de museo ou gabinete de curiosidades», como a definiu Luis Pousa no seu relicario de rúas de Atlantic City.
No 2016, por obras de rehabilitación do edificio onde se situaba o comercio, A Crisálida tivo que trasladarse a un próximo baixo da mesma rúa.