Educación e Cultura

- TEATRO: D.E.P., unha comedia de morte a cargo de Malasombra Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: D.E.P., unha comedia de morte a cargo de Malasombra Teatro

O venres 4 de maio, a compañía de teatro Malasombra achégase ao Auditorio de Rianxo coa produción teatral D.E.P., unha comedia de morte. A función terá lugar na sala Arcos Moldes ás 21.00 horas.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).

Recomendada para un público maior de 14 anos.

Unha nai con xa demasiados anos, unha embolia, unha gripe e moi poucas ganas de morrer; un fillo próximo aos 50 cunha muller posesiva e medio calva, unha empresa que se afunde e unha xubilación que se afasta, que se afasta; outro fillo de 42 que a coida, báñaa, peitéaa e case a mata (á da embolia); unha “Testigo de Jeová” que os visita cada mércores; moitas libretas e poucos aforros; unha casa que hai que vender " pero, xa! "; e unha noite interminable repleta de segredos inconfesables que acaban saíndo á luz e provocan a confesión máis crua da función: "Fran, eu creo que non quero a mamá. ", dille Carlos o seu irmán. "Pois mira que se se cura... ", contéstalle Fran á súa vez.

E como non queren que se cure polo seu ben, para que non sufra, porque isto xa non é vida nin é nada, empezan a idear maneiras de axudala, de darlle un empuxonciño. E aparecen novos elementos: unha corda, e unha lámpada, e ventás abertas, en inverno, ben abertas, e un coxín, e pan, un miolo de pan... E medo, moito medo. E a luz do día empeza a despuntar, e remata o tempo, e falo ti ou fágoo eu, e non o fai ninguén, e unha gran sorpresa final, e... ah, si!

E timbres, moitos timbres.

Iso é D.E.P. Unha comedia, claro.