Educación e Cultura

- TEATRO: "Divinas Palabras Revolution", do Centro Dramático Galego - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: "Divinas Palabras Revolution", do Centro Dramático Galego

A nova produción do Centro Dramático Galego, Divinas Palabras Revolution, vén á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 16 de xuño ás 21.00 horas.

Divinas Palabras Revolution é unha traxicomedia de aldea global a partir da obra de Ramón María del Valle-Inclán e baixo a direción de Xron.

Está recomendada para persoas maiores de 16 anos, e ten unha duración de 2 horas.

As entradas teñen un custo de 5,00 € e poden adquirirse na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo da función.

Divinas Palabras Revolution é o que ves cando miras para outro lado.
O lado que nos fai rir.
O lado que nos fai sentir que o tempo non pasa.
O lado no que pechamos a vida para poder observala sen implicarnos.
O lado no que non hai diferenza entre o que é mentira e o que parece verdade.
O lado no que non está claro que parte das nosas vidas está escrita e que parte podemos aínda escribir.

E nese lado atopamos a estas sete persoas supervivintes, que nos representan como sociedade.
Catro son familia: Pedro, Mari, Simona e Marica.
E tres son alleas: Migueliño, Candás e Tatoola.

Son realmente elas? Ou son o que queremos que sexan? Ata onde podemos forzar o seu destino? Podemos chamar ambición á avaricia? Caridade á explotación? Liberación á morte? Amor á luxuria?

Se queres saber máis, síguenos!