Educación e Cultura

O Concello de Rianxo acolle a xira despedida de Elisa e Marcela, o espectáculo máis premiado da compañía - Teatro, Elisa e Marcela da Panadaría - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Elisa e Marcela da Panadaría

O Concello de Rianxo acolle a xira despedida de Elisa e Marcela, o espectáculo máis premiado da compañía

​​​​​​​A compañía teatral A Panadaría está a piques de pechar a súa xira co espectáculo "Elisa e Marcela" e fai unha parada en Rianxo. O evento terá lugar no sábado 17 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

A función está recomendada para maiores de 12 anos.

As entradas serán de balde ata completar a capacidade da sala. A recollida das entradas poderá facerse dende unha hora antes do evento na billeteira do auditorio, sendo máximo dúas por persoa.

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

Coprodución da Panadaría co Centro Dramático Galego, Concello e Deputación da Coruña, Concello de Vimianzo e Concello de Rianxo.

Mellor espectáculo nos Premios María Casares 2018, e tamén mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista (Areta Bolado) nos mesmos premios.
Premio Luísa Villalta para iniciativas culturais pola igualdade.
XIV Premio LGBT Marcela y Elisa entregado polo Colectivo ALAS A Coruña.
Premio do público MIT de Ribadavia 2018 e Fetega do Carballiño 2018.
Premio ex aequo a Mellor actriz (Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) no Fetega 2018.
Premio Las Horas do FCG de Extremadura 2019.
Premio Begoña Caamaño de Cultura pola Igualdade 2020.
Premio Pluma da FELGBT 2021.


Con: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Autoras: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Gena Baamonde
Dirección: Gena Baamonde
Duración estimada: 80 minutos (sin intermedio)