Educación e Cultura

- Teatro, Estrela do día a cargo de Producións Excéntricas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Estrela do día a cargo de Producións Excéntricas

Estrela do día, a nova peza teatral de Producións excéntricas achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, será o vindeiro sábado 9 de outubro ás 20.30 horas.

A representación está indicada para un público maior de 13 anos e ten unha duración de 100 minutos.

Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do xoves 7 de outubro. A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.

EXCÉNTRICAS lanza un novo espectáculo para iluminar estes sombríos tempos de escuridade e desánimo. ESTRELA DO DÍA virá alumar os nosos corazóns con toda a divina parafernalia do teatro: a música e a comedia, a sorpresa e a cor, a emoción e a fortaleza. En definitiva, a invención dun novo mundo diante dos nosos ollos. Unha visión actualizada dos milagres de santa María aplicados aos problemas actuais (Asombrosamente parecidos aos daquel século XIII) Voltarán a desfilar diante dos nosos ollos, neste retábulo do século XX, os soldados que foxen da guerra, a mociña obrigada a casar con quen non quere, os que expulsados dos seus lares son amoreados como gado, os presos por roubar comida, a monxa que foxe do convento, o que cansado deste mundo , quere vivir noutro sen morrer, o que perde unha pelota e daría o que ten para seguir xogando, a que foxe da manda de brutos que a acosan, os que perden a compaña do animal que prefiren calquera humano, a que procura a curación da enfermidade mortal... Dramas resolvidos pola intervención milagreira de María con aparicións dignas da mellor vedette de varietés.