Educación e Cultura

- TEATRO: Eu queriame casare, con Pedro Brandariz e Lucía Veiga - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Eu queriame casare, con Pedro Brandariz e Lucía Veiga

Dinamo Producións presenta na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a súa nova obra de teatro: Eu queriame casare, escrita por Jose Prieto e interpretada por Pedro Brandariz e Lucía Veiga. A representación será o vindeiro venres 20 de abril ás 21.00 horas.

Eu queríame casare é a historia televisada de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor. Antón e Lola están cerca dos corenta anos e están buscando unha relación máis… menos… unha relación á que poder agarrarse como cravo ardendo antes de que  pase o tren, pase o arroz e pase… o que teña que pasar.

Coñécense nun destes programas televisivos de “cita a cegas; , a cousa non funciona, pero Antón e Lola, Lola e Antón son de todo menos predecibles e pode acabar pasando calquera cousa. Póñanse no peor.

Unha comedia total que conectará con chiscadelas ó público máis novo e ó máis maduro e que permitirá que moitas parellas falen do seu e amañen as súas diferenzas… ou todo o contrario.

Recomendada a todos os públicos. Duración 75 minutos.

A entrada ten un custo de 6 € na billeteira do Auditorio o día da función. Venda anticipada 5 € na tenda Nino Pieri de Rianxo. Reservas no  correo dinamo@dinamoxestion.com