Educación e Cultura

- TEATRO FAMILIAR: A nena que quería navegar, a cargo de Redrum teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO FAMILIAR: A nena que quería navegar, a cargo de Redrum teatro

O vindeiro sábado 2 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral A nena que quería navegar, a cargo de Redrum Teatro.

A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida.
Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.

O espectáculo está destinado a público infantil,  preferiblemente maior de 4 anos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada de entradas, máximo 2 por persoa, unha hora antes do comezo da función.

A función está enmarcada dentro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Segundo recolle a compañía no seu sitio web:

"A nena que quería navegar" é un espéctaculo familiar recomendado para rapaces e rapazas entre seis e doce anos. Nel tratamos o tema do acoso escolar, tamén coñecido co termo anglosaxón “bullying”.

A Nena é unha rapaza sen nome que farta de insultos, empurróns e illamento social, foxe da escola para non volver nunca máis. Traballar coa idea do reforzo positivo é unha das claves para previr o acoso escolar. Só un rapaz forte e cunha alta autoestima é quen de facer fronte ao acoso. Queremos que os nosos pequenos espectadores saian fortalecidos despois de asistir á representación de "A nena que quería navegar" e teñan ferramentas para previlo.

Este é un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que mesturamos varias disciplinas artísticas como o teatro de monicreques, o de obxectos, as proxeccións e a música en directo.