Educación e Cultura

Pertencente á programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña o Concello de Rianxo organiza a función de Castelao - Teatro Familiar, Castelao de Culturactiva producións - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro Familiar, Castelao de Culturactiva producións

Pertencente á programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña o Concello de Rianxo organiza a función de Castelao

Teatro Familiar, Castelao a cargo de  Culturactiva producións.

  • DÍA: sábado 30 de setembro
  • HORA: 19.00 horas
  • LUGAR:  sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • PÚBLICO: familiar
  • DURACIÓN: 60 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio.

Organizada polo Concello de Rianxo ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e non contaba ata agora cunha proposta escénica para a infancia. Vimos a poñer remedio a isto cun gran equipo: un texto de Paula Carballeira coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena. A obra presenta a un Castelao de 8 anos anos e na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da nosa trama. Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai. E mesmo antes, da man de Baltasara, comezará un percorrido trepidante coa urxencia que a inmediatez da partida garante. Queda pouco tempo, as horas antes de embarcar escorregan entre os dedos e a ausencia do neno da casa familiar farase notoria para Xoaquina.

​​​​​​​