Educación e Cultura

A nova produción de Excéntricas no Auditorio de Rianxo, o sábado 27 de abril - Teatro familiar, Monstros a cargo de Producións Excéntricas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro familiar, Monstros a cargo de Producións Excéntricas

A nova produción de Excéntricas no Auditorio de Rianxo, o sábado 27 de abril

 

Teatro familiar, Monstros a cargo de Producións Excéntricas

  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • DÍA: sábado 27 de abril
  • HORA: 18.00 h
  • PÚBLICO: familiar (especialmente recomendado para nenas e nenos de 6 a 12 anos)
  • DURACIÓN: 55 minutos
  • ENTRADAS: 4,50 € Dispoñibles en liña en woutick e 5,00 € na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función.​​​​​​
  • ORGANIZADOR: ​​​​​​​Excéntricas Producións

Máis información do espectáculo

Amanda, Valentín, Clo e o silencioso Max, teñen o plan perfecto para loitar contra unha tarde de aburrimento: irán ata a Casa das Pantasmas que hai case na saída da vila. É un sitio marcado por historias aterradoras, na que se di que paran absolutamente todos os seres terroríficos do lugar: dende o vampiro de Lalín ata unha misteriosa serie de pantasmas. Pero non é tan sinxelo chegar ata alí. Para comezar teñen que rescatar a Clo do seu castigo e despois pasar por varios perigos, como a ponte podre que cruza o río, a finca do malvado Catavís que garda o can Sultán... e o máis importante: entrar na casa, que semella pechada e ben pechada. Un momento! Parece que hai un furadiño na porta polo que poden botar unha ollada... que haberá dentro? Montros é unha divertida aventura para toda a familia que nos propón risas e reflexión ao mesmo tempo. Que é aquilo que nos causa temor máis que o que é diferente a nós? Non somos todas e todos un pouco raros? Non poderemos parecer monstros ante os ollos de outras persoas?

MONSTROS é un espectáculo orientado para público escolar e familiar cun elenco de primeira. Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira; e coa música en directo do músico Piti Sanz. Un espazo escénico composto por un tendedeiro a gran escala e a música en directo axudarán a levarnos de paseo polos ambientes mais sinistros. Quen son as autoras desta farsesca viaxe ao planeta do medo? María Lado e Lucía Aldao. Quen dirixe esta festival do humor e o terror? Marcos Orsi.